Vaasa (en sueco Vasa) é unha cidade de Finlandia situada no oeste do país, na rexión de Ostrobotnia, sendo a capital da rexión. Segundo o censo de 2012, a cidade tiña unha poboación de 60.996 habitantes.

Historia A historia de Korsholm ("Illote da Cruz, Mustasaari en finés) e de Vaasa comezou no século XIV, cando exploradores da rexión desembarcaron na actual Antigua Vaasa. A mediados do século construíuse a igrexa de Santa María, e en 1370 o forte de Korsholm, o Crysseborgh, foi tomado e serviu como centro administrativo do Condado de Vaasa. O rei Carlos IX de Suecia fundou o 2 de outubro de 1606. En 1611 foi rebautizado en honor á Casa Real de Vasa.

Grazas á súa proximidade ao mar e grande actividade comercial, Vaasa converteuse nun importante centro industrial no século XVII e a súa poboación incrementouse.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Páxina Oficial

Categoría:Vaasa