Dongrandeo é un lugar da parroquia de Donalbai no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2011 tiña 19 habitantes (13 homes e 6 mulleres). Toponimia O topónimo Dongrandeo podería ter orixe no antropónimo *Ganderedus ou *Gunderedus coa fórmula de tratamento Don, do latín .

Cultura popular Segundo a lenda, do castro de Donalbai saíron tres irmáns (Grandeu, Albai e Senén), que lle deron nome aos barrios de Dongrandeo, Donalbai e Senande.

Lugares e parroquias Lugares de Donalbai

Parroquias de Begonte

Notas

Categoría:Lugares de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía