Ramón Fernández Sarasquete, nado en Ribeira o 26 de febreiro de 1909 e finado na Coruña o 15 de outubro de 1979, foi un futbolista galego máis coñecido como Sarasquete, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar no Villagarcía FC, de aí pasou ao Celta de Vigo onde xogou na 2ª División B na tempada na que se creou ese sistema de competición, a 1929/30. Esa categoría pasaría a chamarse Terceira División a partir da tempada seguinte.
Co Celta xogou un total de oito encontros esa tempada, porén non durou moito no equipo, xa que tras un frustrado fichaxe polo RCD Espanyol foi cedido ao Eiriña CF. Finalmente fichou polo Espanyol en decembro de 1929.
Posteriormente tamén xogou no Deportivo da Coruña e no Racing Club de Ferrol.
Vida persoal Fillo do comerciante e político Antonio Fernández Salcedo, casou na Coruña con María Ángeles Penabad e tivo dous fillos: María del Carmen e Ramón Fernández Penabad.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1909 Categoría:Futbolistas de Ribeira Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Eiriña CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1979