Jello Biafra, nado como Eric Reed Boucher o 17 de xuño de 1958, é o antigo vocalista e compositor da banda de punk rock estadounidense Dead Kennedys. Despois de deixar os Dead Kennedys, fíxose cargo da influente discográfica independente Alternative Tentacles, que co-fundou en 1979 xunto co seu compañeiro de grupo East Bay Ray. Aínda que actualmente céntrase principalmente na spoken word, continuou traballando de músico en numerosas colaboracións.

Politicamente, Biafra é membro do Partido Verde dos Estados Unidos e apoia activamente varias causas. Foi candidato a presidente do partido no ano 2000, rematando segundo de Ralph Nader. É un firme crente dunha sociedade libre, que utiliza a confrontación e a acción directa no nome de causas políticas. Biafra é coñecido por usar absurdas tácticas dos medios, na tradición esquerdista dos yippies, para poñer de relevo cuestións de dereitos civís e xustiza social.

Categoría:Cantantes de Colorado Categoría:Nados no condado de Boulder, Colorado Categoría:Nados en 1958