A aguia manchada ou aguia pintada (Clanga clanga, antes Aquila clanga) é unha ave rapaz.
Morfoloxía e Hábitos É unha aguia cunha lonxitude de entre 55–69 cm, unha envergadura entre 153–177 cm e cun peso entre 1600 e 2300 gramos. De cor parda escura uniforme, os xoves son máis negros e con manchas pálidas. As femias son idénticas ós machos. Existe a variante Fulvescens, que é de ton máis clara.
Aliméntase de roedores, anfibios, aves de gran tamaño (galiñolas, parrulos, corvos) e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas extensas con presenza de lagos ou pantanos. Caza con frecuencia na auga ou nas súas proximidades. Esporadicamente consome calaza.
Reprodución miniatura|Clanga clanga A cría realizase en Europa entre os meses de maio e xullo. A posta consiste en dous ou tres ovos cun tempo de incubación de 42-44 días. Os polos permanecen no niño entre 60-65 días.
Distribución Dende maio a outubro permanece en Europa, concretamente Rusia, Países Bálticos, Belarús e o sueste de Finlandia. Esporadicamente, observable durante a migración, no Cáucaso, Turquía e Oriente Medio (Israel, Siria, Líbano). Iverna en Iraq, Irán, Delta do Nilo e outras parte de Exipto e zonas húmidas moi localizadas do Sur de Europa: Sur de Grecia, Desembocadura do río Po, a Camarga, Rexión de Bordeos ou en Doñana. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest .
Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1811