El Ciudadano foi un semanario publicado en Lugo en 1889.
Historia e características Periódico político-literario, apareceu o 3 de novembro de 1889. Dirixido por Manuel Castro López, membro do comité federalista de Lugo. Ideoloxicamente era republicano federalista partidario de Pi i Margall.El Eco de Galicia, 4-11-1889, p. 2 Entre os seus colaboradores figurou Manuel Mosquera Lequerica. Debido á forte censura eclesiástica á que se viu sometido (foi prohibida a súa lectura por decreto do bispo de Lugo, Gregorio Aguirre García, ao pouco de aparecer),El Lucense, 11-11-1889, p. 1. cesou nese mesmo mes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1889 en Galicia