miniatura|Pregón, a cargo de Teté Delgado. A Festa do Choco é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de Redondela, dende 1987,"Redondela promueve la declaración de interés turístico para la Festa do Choco" Faro de Vigo, 9/5/2013 . a segunda fin de semana de maio. Foi declarada Festa de interese turístico de Galicia no ano 2013.Resolución ... pola que se ... declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa do Salmón na Estrada, a Festa do Choco en Redondela... DOG. Descrición Celébrase nesa época por mor do aumento da pesca na Enseada de San Simón do choco, cefalópodo que, capturado con artes de pesca tradicionais (como as nasas), alcanza a súa máxima cota no mes de abril.

Ademais da degustación, faise un concurso gastronómico con catro modalidades: a mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos."Festas Gastronómicas. Un desfrute para o paladar" Concello de Redondela. Exemplos de pratos que se serven na festa son os chocos con ou sen a súa tinta, con ou sen arroz, con ou sen patacas, chocos á prancha con cachelos, empanadillas de choco, empanada de choco de millo, empanada de choco de trigo, empanada de grelos con choco, fabada de choco, guiso de chocos, fideuá de chocos con ameixas, chocos á prancha con vinagreta de froitos secos...

Os dous días de festa hai alborada, actuación da banda municipal, verbena, pasacalles e charanga. Entre as actividades paralelas, desenvólvese o Chococlásico, unha exhibición de automóbiles antigos.miniatura|centro|810px|Carpa na XXIX Festa do Choco, no ano 2015. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vive y descubre, Comarca de Redondela, p. 101-102, Editorial Everest, 2008, ISBN 978-84-441-0060-9

Outros artigos Festa da mazá de Negros Ligazóns externas Festa do Choco en Turgalicia.

Choco Categoría:Festas de Redondela Categoría:Festas de interese turístico de Galicia