FedSat (Federation Satellite) é un satélite artificial australiano lanzado o 14 de decembro de 2002 mediante un foguete H-2A desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características FedSat é un microsatélite de 58 kg de masa que ten como obxectivo desenvolver a experiencia de Australia no campo dos microsatélites e proporcionar unha plataforma de investigación en ciencia espacial, comunicacións e GPS.
FedSat foi desenvolvido polo Centro de Investigación Corporativa para Sistemas de Satélites (Cooperative Research Centre for Satellite Systems en inglés).
Instrumentos FedSat levaba a bordo os seguintes instrumentos:
Receptor GPS. NewMag (magnetómetro). Computación de alto rendemento. Transpondedor de banda Ka. Procesador de banda base. CD-ROM: o satélite leva a bordo un CD-ROM montado nun lateral con mesaxes de son de varios australianos.
Notas
Categoría:Satélites artificiais