James Adam "Jim" Belushi, nado en Chicago, Illinois o 15 de xuño de 1954, é un actor, comediante, cantante e músico estadounidense.

É o irmán máis novo do tamén actor cómico John Belushi, e o pai do actor Robert Belushi. Interpretou o papel de Jim na comedia de situación According to Jim (2001–2009). Outros papeis destacables de televisión inclúen Saturday Night Live (1983–1985), Wild Palms (1993), Aaahh!!! Real Monsters (1994–1997), Show Me a Hero (2015) e Twin Peaks (2017).

Belushi apareceu en filmes como Thief (1981), Trading Places (1983), About Last Night (1986), Salvador (1986), Red Heat (1988), Superaxente K-9 (1989), Mr. Destiny (1990), Curly Sue (1991), Jingle All the Way (1996), Underdog (2007) e The Ghost Writer (2010).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en AllMovie

Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1954 Categoría:Estadounidenses de ascendencia albanesa