The Walking Dead é unha serie de televisión americana creada por Frank Darabont. Está baseada na serie de banda deseñada homónima The Walking Dead de Robert Kirkman, Tony Moore e Charlie Adlard. A serie está protagonizada por Andrew Lincoln que interpreta o papel de Rick Grimes, un policía da oficina do shériff que esperta dun coma e descobre que o mundo está dominado por zombis. El sae en busca da súa familia e atopa moitos outros superviventes ao longo do camiño.

A estrea de The Walking Dead realizouse o 31 de outubro de 2010 na canle de televisión por cable AMC dos Estados Unidos. A estrea internacional fíxose a primeira semana de novembro de 2010 a través da Fox International Channels. Baseándose na súa boa acollida, AMC renovou a serie para facer unha segunda temporada de 13 episodios, que se estreou o 16 de outubro de 2011. Tras dous episodios da segunda temporada, AMC anuncio que a serie tería unha terceira temporada, que comezaría o 14 de outubro de 2012. O 21 de decembro de 2012, AMC renovou The Walking Dead para unha cuarta temporada.

A serie foi ben recibida e tivo numerosos nomeamentos a premios, incluíndo un nomeamento ó Writers Guild of America Award e outro ó Globo de Ouro á Mellor serie dramática de televisión. A serie tivo tamén uns índices de audiencia altos, batendo varios rexistros das series por cable, como ter unha audiencia de 10,9 millóns de espectadores na estrea da terceira temporada e converterse na serie dramática por cable máis vista da historia.

Sinopse

The Walking Dead conta a historia dun pequeno fatado de sobreviventes a unha apocalipse zombi. A primeira temporada tiña lugar na súa maior parte na área metropolitana de Atlanta, e da segunda á cuarta na zona rural do norte de Xeorxia, na que o grupo anda á procura dun lugar seguro no que refuxiarse das hordas de "camiñantes" (como se denomina na serie aos zombis) depredadores, que devorar calquera cousa viva que collan, e que infectan os humanos cando os traban. A trama céntrase principalmetne nos dilemas que o grupo enfronta na súa loita por manter a súa humanidade no medio dos cambios que día a día acontecen nun mundo hostil.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Ficha na IMDb Ficha en Tv.com

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2010 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:The Walking Dead