Princesa Sherezade (en ) é unha serie de animación francesa. Foi creada pola francesa Marie-France Brière e está producida por Carrère Group, France 2, Produción Anábasis e Tele-München. Foi emitida por primeira vez en France 2 no ano 1996, e máis tarde, no 2008 en France 5. A serie ten 52 episodios e o tema principal foi interpretado pola cantante Amina Annabi na súa versión orixinal.

Emitiuse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Sinopse A serie está protagonizada pola Princesa Sherezade e o seu ifrit Till e conta as aventuras deles dous no mundo das mil e unha noites. A princesa reside na Alhambra de Granada.

Personaxes Voces orixinais en francés Emmanuelle Pailly como Shéhérazade Paul Nivet como Till Damien Witecka como Nour Emmanuel Curtil como Fahrid Denis Laustriat como Príncipe Silmane Luq Hamet como voces adicionais Michel Muller como Mr Christine

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1996 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2000 Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión con versión galega