Carmen Fernández, nada en Madrid o 27 de xuño de 1969, coñecida artisticamente como Chiqui Fernández, é unha actriz española.
Biografía En televisión deuse a coñecer no ano 2001 a raíz dun papel secundario na serie Periodistas.
Máis tarde ficharía por Un paso adelante, onde estivo as últimas tempadas interpretando o papel de Puri, ademais de colaborar con personaxes episódicos noutras producións como Hermanas, Hospital Central e Un lugar en el mundo.
En 2005, e pouco logo de dar a luz ao seu primeiro fillo, grava a serie Mujeres ás ordes de Félix Sabroso e Dunia Ayaso, o seu primeiro papel como actriz protagonista. Nun principio, Televisión Española descartou a emisión da serie, que finalmente viuse un ano despois (último trimestre de 2006) na segunda cadea pública conseguindo uns máis que aceptables resultados de audiencia respecto da media de La 2 e tamén excelentes críticas.
En cine destacan as súas participacións con pequenos papeis en cintas como Flores de otro mundo (Icíar Bollaín) ou Plenilunio (Imanol Uribe). Varios curtos completan a súa filmografía.
En 2003 recibiu o premio da Unión de Actores á mellor actriz de repartimento por Periodistas. En 2007 fíxose co mesmo premio, esta vez na categoría de actriz protagonista de televisión, polo seu traballo en Mujeres.
En agosto de 2007 comezou a rodaxe doutra serie televisiva, a comedia La familia Mata, protagonizada por Elena Ballesteros e Daniel Guzmán e emitida por Antena 3.
Desde o 11 de setembro de 2011 estréase Cheers é a versión española, da que forma parte co papel de Dolores "Lola" Mendoza, emitida por Telecinco.
Cine Longametraxes Una Palabra Tuya Flores de otro mundo (Icíar Bollaín) Plenilunio (Imanol Uribe, 1999) Pulsiones (Javier de la Torre, 2000) Deseo (Gerardo Vera, 2002) Salir pitando (Álvaro Fernández Armero, 2007)
Curtametraxes Garbanzos (2000) Manchas (2005) El Último Adiós (2011)
Televisión Personaxes fixos Periodistas (2001-2002) Un paso adelante (2005) Mujeres (2006) La familia Mata (2007-2009), como Gloria. Cheers (2011-2012), como Dolores 'Lola' Mendoza. Familia (2013-), como Palmira.
Personaxes episódicos Hermanas (1998) Fernández y familia (1998) Hospital Central (2000) Un lugar en el mundo (2003)
Outros La maja de Goya: El Musical (1996), de Vicente Escrivá e Fuentes Vicente.
Teatro La maja de Goya, de Vicente Escribá (1996) Pareja abierta, de Dario Fo e Franca Rame (1998) Cuento de invierno, de Juan Pastor (2001) Hombres, mujeres y punto (2005) ¡Manos quietas! (2010) La Regenta (2012)
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1969