A limnoloxía, do grego λίμνη límnē, "lago", e λόγος, lógos, "coñecemento", é a rama da ecoloxía que estuda os ecosistemas acuáticos continentais (lagos, lagoas, ríos, pozas, marismas e esteiros), as interaccións entre os organismos acuáticos e o seu ambiente, que determinan a súa distribución e abundancia en ditos ecosistemas.

miniatura|200x200px|O lago Léman, o primeiro lago estudado pola limnoloxía.|esquerda Historia e características A limnoloxía non foi considerada como unha ciencia até a publicación de A orixe das especies, de Charles Darwin, a mediados do século XIX.

Nun principio, e até 1922, o termo limnoloxía cinguíase só ao estudo dos lagos, ano en que a Asociación Internacional de Limnoloxía incluíu todas as augas epicontinentais.

As masas de auga continentais son de grande importancia para o ser humano, xa que moitas son fonte de recursos básicos para a economía (auga potábel, alimentos) ou desempeñan un papel de depuración das augas.

Isto, ademais tense que compatibilizar coa convivencia de especies de flora e fauna que subsisten no medio, ou dependen del.

Por estas razóns, a limnoloxía converteuse nunha ciencia máis importante, necesaria para a xestión e conservación dos medios acuáticos.miniatura|Lagoa do Acebuche no Parque Nacional de Doñana en España. As zonas húmidas son os ecosistemas máis importantes dalgúns países, especialmente os europeos.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Oceanografía Ictioloxía

Ligazóns externas Un termómetro para las aguas Hispagua. Limnetica (Internet) uma publicação electrónica da Associação Ibérica de Limnologia contendo principalmente elementos da edição impressa de Limnetica Páxina web oficial da SIL, Societas Internationalis Limnologiae ou International Society of Limnology

Categoría:Ecoloxía Categoría:Auga Categoría:Lagos