miniatura|180px|Heimdall fica xunto ó arco da vella mentres fai soar o seu corno. Obra de Emil Doepler (1905). Bifröst (tamén Bilröst) é na mitoloxía nórdica unha ponte de arco da vella ardente que une Midgard (o mundo dos homes) e Asgard (o reino dos deuses). A ponte aparece mencionado como Bilröst na Edda poética, como Bifröst na Edda prosaica de Snorri Sturluson e en diversos poemas da poesía escáldica. Ambas Eddas tamén se refiren á ponte como Asbrú (antigo nórdico "a ponte dos Æsir").Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p. 19

Segundo a Edda prosaica, a ponte finaliza na bóveda celestial onde o deus Heimdall, o vixilante, ten a súa residencia chamada Himinbjörg. Dende alí vixía ós xigantes. A destrución da ponte durante o Ragnarök polos exércitos de Muspell está profetizada. Existen paralelismos entre Bifröst e outro ponte presente na mitoloxía nórdica, Gjallarbrú.

Etimoloxía dereita|180px|miniatura|Bifröst por Arthur Rackham. Andy Orchard traduce Bifröst como posible "brillante camiño". Resalta que o primeiro termo Bilröst—bil ( "un momento")—"suxire a natureza efémera do arco da vella", e relaciónao co primeiro termo de Bifröst—o verbo en antigo nórdico bifa significa "brillar" ou "sacudir"—notando que o elemento provoca un concepto dunha ponte "brillante e lustrosa".Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 p. 19 Por outra banda, Rudolf Simek afirma que Bifröst podería significar "o camiño cara o ceo" (tamén citando bifa) ou, se Bilröst é a forma orixinal que os dous mencionados por Simek, "o arco da vella fugazmente entrevisto" (ver Bil, quizais significando "intre, punto feble").Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 pp. 36–37

Notas

Categoría:Lugares da mitoloxía nórdica Categoría:Obxectos mitolóxicos