Zelmira é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola baseado na traxedia en cinco actos Zelmire, de Dormont de Belloy e posta en escena en 1762 en Aviñón. Foi estreada o 16 de febreiro de 1822 no Teatro San Carlo de Nápoles.
Historia Zelmira é a última das óperas napolitanas. A súa primeira representación tivo lugar no Teatro San Carlo da cidade italiana o 16 de febreiro de 1822. Á estrea seguiulle un grande éxito na súa estrea en Viena o 13 de abril de 1822, como parte dun Festival Rossini de tres meses de duración para a cal Rossini escribiu música adicional. Seguíronlle representacións en varias cidades italianas, e o 24 de xaneiro de 1824 tivo lugar a estrea en Londres baixo a dirección do propio Rossini e coa daquela muller do compositor, Isabella Colbran, no papel principal. En 1826 foi representada en París. Contra o ano 1835 tivo lugar unha representación na cidade estadounidense de Nova Orleáns.Osborne, C. p. 108
Pasaron máis de 100 anos antes de que a ópera fora representada novamente en Nápoles en 1965, mais "non moi aplaudida". Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só unha representación entre 2005 e 2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 16 de febreiro de 1822(Director: Nicola Festa)Polidoro, rei de LesbosbaixoAntonio AmbrosiZelmira, súa fillasoprano Isabella ColbranEmma, súa confidentecontralto Anna Maria CecconiIlo, príncipe de Troia e esposo de ZelmiratenorGiovanni DavidAntenore, un usurpador de MitilenetenorAndrea NozzariLeucippo, súa confidente, un xeneralbaixo-barítonoMichele BenedettiEacide, un seguidor do príncipe Ilo tenorGaetano ChizzolaGran Sacerdote di GiovebaixoMassimo OrlandiniSacerdotes, pobo, exército de Mitilene, seguidores de Ilo, fillo xove de Zelmira (papel mudo)
Estrutura Acto I 1 Introduzione e cavatina Oh sciagura! - Che vidi, oh amici! (Antenore) 2 Cavatina Ah, già trascorse il dì (Polidoro) 3 Terzetto Soave conforto (Polidoro, Zelmira, Emma) 4 Coro e cavatina S'intessano gli allori - Terra amica (Ilo) 5 Duetto A che quei tronchi accenti? (Ilo, Zelmira) 6 Cavatina Mentre qual fera ingorda (Antenore) 7 Duettino Perché mi guardi e piangi (Zelmira, Emma) 8 Finale Sì fausto momento (Antenore, Leucippo, Gran Sacerdote, Ilo, Zelmira, Emma)
Acto II 8bis Coro e cavatina Pian piano inoltrisi - Ciel pietoso, ciel clemente (Emma) 9 Duetto In estasi di gioia (Ilo, Polidoro) 10 Quintetto Ne' lacci miei cadesti (Antenore, Zelmira, Polidoro, Leucippo, Emma) 11 Rondò Riedi al soglio (Zelmira)
Arias célebres Terra amica (cavatina de Ilo) Mentre qual fera ingorda (cavatina de Antenore) Perché mi guardi e piangi (duettino de Zelmira e Emma) La sorpresa, lo stupor (cantabile concertato do finale do primeiro acto) Fiume che gli argini rompe, sorpassa (stretta final do primeiro acto) Ciel pietoso, ciel clemente (preghiera de Emma, segundo acto, a partir da edición de Viena) Riedi al soglio (aria final de Zelmira)
Gravacións AnoElenco: Zelmira, Ilo, Emma, Antenore, PolidoroDirector,Teatro de ópera e orquestraSelo Gravacións de Zelmira en operadis-opera-discography.org.uk1965 Virginia Zeani,Nicola Tagger,Gastone Limarilli,Paolo Washington,Anna RotaCarlo Franci,Orquestra e coro do Teatro San Carlo (Gravación dunha representación en Nápoles o 10 de abril) CD de son: Great Opera PerformancesCat: G.O.P. 780; Opera d'OroCat: OPD 14551989Cecilia Gasdia,William Matteuzzi,Bernarda Fink,Chris Merritt,Jose GarciaClaudio Scimone,I Solisti Veneti CD de son: EratoCat: 454192003Elizabeth Futral,Antonino Siragusa,Manuela Custer,Bruce Ford,Marco VincoMaurizio Benini,Scottish Chamber Orchestra CD de son: Opera RaraCat: ORC 27
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1822