Bon Iver é unha banda estadounidense de indie folk fundada no ano 2007 polo cantante e compositor Justin Vernon. O grupo está tamén formado por Michael Noyce, Sean Carey e Matthew McCaughan. Vernon publicou o álbum de estrea de Bon Iver, For Emma, Forever Ago, de en xullo do 2007. A meirande parte dese disco foi gravado nos tres meses que Vernon pasou nunha cabana no noroeste de Wisconsin. Bon Iver gañou no 2012 os Grammy ao mellor artista novel e ao mellor álbum de música alternativa polo seu traballo Bon Iver, Bon Iver.
O nome de Bon Iver deriva da frase francesa bon hiver (pronunciada [bɔn‿ivɛʁ]; 'bo inverno'), tomada dun saúdo na serie Northern Exposure.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo For Emma, Forever Ago 2008 Jagjaguwar/4AD Bon Iver, Bon Iver 2011 Jagjaguwar/4AD 22, A Million 2016 Jagjaguwar I, I 2019 JagjaguwarSable, Fable2025 Jagjaguwar
EPs Álbum Ano Selo Blood Bank 2009 Jagjaguwar iTunes Session 2012 Jagjaguwar
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Wisconsin Categoría:Grupos musicais de indie folk Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de baroque pop Categoría:Grupos musicais formados en 2007