Hard Target é un filme estadounidense dirixido por John Woo que se estreou en 1993.
Sinopse Dous homes desapiadados, Fouchon e Van Cleaf, converteron Nova Orleáns no seu particular couto de caza, onde organizan sinistros torneos que enfrontan ós seus asasinos con veteranos de guerra, ós que prometen 10.000 dólares se logran sobrevivir. Dende logo, ningún dos infortunados que se atreve a probar sorte no sanguento xogo chega a cobrar o premio. As cousas cambiarán o día en que Chance Boudreaux (Jean Claude Van Damme) decide participar no xogo. Chance, porén, non é un heroe nobre e altruísta, senón un home solitario que soamente quere cobrar os 217 dólares que necesita para saldar as súas débedas co sindicato de mariñeiros mercantes.
Personaxes Jean-Claude Van Damme como Chance Boudreaux Lance Henriksen como Emil Fouchon Arnold Vosloo como Pik Van Cleaf Yancy Butler como Natasha "Nat" Binder Kasi Lemmons como Carmine Mitchell Chuck Pfarrer como Douglas Binder Wilford Brimley como Tío Douvee Sven-Ole Thorsen e Jules Sylvester como Stephan e Peterson Eliott Keener como Randal Robert Apisa como Mr. Lopacki Douglas Forsythe Rye e Mike Leinert como Frick e Frack
Notas
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Woo Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en Nova Orleáns