Augustin Bea, nado en Riedböhringen en 1881 e finado en Roma en 1968, foi un cardeal da Igrexa católica.
Traxectoria Estudou na súa localidade natal ata 1893 no que se traslada a Sasbach, posteriormente pasa a Constanza e Rastatt. En 1900 pasou a estudar teoloxía na Universidade de Friburgo e entrou como novizo na Compañía de Xesús. En 1906 estudou filosofía nos Países Baixos, e en 1912 foi ordenado sacerdote na Compañía de Xesús. Nomeado superior da residencia xesuíta de Aquisgrán.
En 1917 foi nomeado profesor de esexese bíblica do Colexio Ignaciano de Valkenburg (Países Baixos) e en 1921 provincial da provincia xesuíta de Alemaña setentrional con sede en Múnic. En 1924 accedeu ao posto de director do Instituto de Altos Estudos Eclesiásticos da Compañía de Xesús en Roma e profesor de teoloxía bíblica na Universidade Gregoriana.
Entre 1930 e 1949 foi reitor do Instituto Pontifical Bíblico. En 1959 Xoán XXIII fíxoo cardeal e dende 1960 foi presidente do Secretariado para a Unión dos Cristiáns que posteriormente daría orixe ao Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.
Obra
Premios e distincións Foi nomeado doutor honoris causa en Teoloxía pola Universidade Católica de América en 1963.
Categoría:Cardeais creados por Xoán XXIII Categoría:Nados no distrito de Schwarzwald-Baar Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Cardeais de Alemaña Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Xesuítas de Alemaña Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo