The National é unha banda estadounidense de indie rock formada por nativos de Cincinnati, Ohio no ano 1999, aínda que na actualidade está establecida en Brooklyn, Nova York. As letras do grupo están escritas e cantadas por Matt Berninger. O resto de The National está composto por dous pares de irmáns: Aaron (guitarra e teclados) e Bryce Dessner (guitarra), e Scott (baixo) e Bryan Devendorf (batería). Carin Besser non é membro de The National, pero compuxo letras para a banda xunto co seu marido, Berninger, dende o álbum de 2007 Boxer.

Fundada por Matt Berninger, Aaron Dessner, Scott Devendorf e Bryan Devendorf, The National publicou o seu álbum de estrea autotitulado, The National (2001), a través de Brassland Records, un selo independente fundado por Aaron e o seu irmán xemelgo Bryce Dessner. Bryce, que axudara na gravación do disco, uniuse pouco despois á banda, participando como membro permanente na gravación do seguinte traballo, Sad Songs for Dirty Lovers (2003).

The National é comparada a miúdo con Joy Division, Leonard Cohen, Wilco e Nick Cave & the Bad Seeds. O nome da banda foi escollido porque "non significaba nada" e era "benigno e carente de sentido".

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The National 2001 Brassland Records Sad Songs for Dirty Lovers 2003 Brassland Records Alligator 2005 Beggars Banquet Records Boxer 2007 Beggars Banquet Records High Violet 2010 4AD Trouble Will Find Me 2013 4AD Sleep Well Beast 2017 4AD I Am Easy to Find 2019 4AD First Two Pages of Frankenstein 2023 4ADLaugh Track20234AD

EPs Cherry Tree - 2004 (Brassland Records) Tarquin Roughs (Beggars Banquet) The Virginia EP - 2008 (Beggars Banquet)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Cincinnati, Ohio Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Artistas de 4AD