Gonzalo Marzá Trilles, nado en Vilafamés (provincia de Castelló) o 10 de abril de 1916 e finado en Castelló de la Plana o 6 de setembro de 1996, foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria Comezou a xogar profesionalmente ao fútbol no CD Castellón, pero debutou en Primeira División co Real Madrid na tempada 1941/42.
O 28 de novembro de 1944 e tras tres tempadas en Madrid nas que disputou 59 encontros fichou polo Celta de Vigo, na Segunda División. Esa tempada, que rematou co ascenso, Marzá sería o porteiro titular pese a encaixar catro goles no seu debut. Porén xa comezada a seguinte tempada, a 1945/46, o levantino perde a titularidade en favor de Simón. Permanecería na suplencia toda a súa traxectoria no Celta, primeiro á sombra de Simón e despois coa chegada de Manuel Pazos. Debido á normativa, que por aquel entón non permitía as substitucións nunca disputou moitos encontros nos 10 anos que militou no Celta de Vigo.
A tempada 1947/48 foi unha das máis brillantes da historia do club, obtendo o subcampionato da Copa do Rei e rematando a Liga no cuarto posto, sendo coñecido o equipo coma os Diablo azuis.
En 1954 deixou o Celta e celebrouse para a ocasión un festival deportivo, que incluíu un partido de homenaxe do Celta contra o Xuvenil da Coruña, reforzado este último con Pahiño.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vilafamés Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo