En bioloxía, fisioloxía e anatomía, un sistema ou sistema orgánico,Ás veces, o termo "sistema orgánico" é empregado para referirse a un sistema de produción agrícola baixo premisas da agricultura orgánica ou ecolóxica. (Véxase p. ex. Sistema orgânico ) ás veces chamado sistema biolóxico (véxase o seguinte apartado) é un grupo de órganos que traballan conxuntamente para realizaren algunha tarefa fisiolóxica nun ser vivo. Os sistemas son un nivel de organización biolóxico, entre o nivel de órgano e o de aparato, que está constituído pola concorrencia funcional de diversos sistemas. Algúns sistemas comúns, como aqueles presentes en mamíferos e outros animais, e que loxicamente tamén están presentes na anatomía humana, son o sistema circulatorio, o sistema respiratorio ou o sistema nervioso. Un conxunto organizado de sistemas constitúe un organismo.
Terminoloxía O termo "sistema biolóxico" refírese máis habitualmente a calquera conxunto de entidades ou procesos interrelacionados que funcionan conxuntamente no fenómeno da vida. Isto inclúe non só sistemas orgánicos que realizan funcións fisiolóxicas específicas nun ser vivo, como o sistema circulatorio ou o sistema nervioso, senón tamén sistemas a nivel celular, como redes de sinalización intracelular, ou a nivel ecolóxico, como os ecosistemas, e abarcan da escala microscópica até a interacción entre organismos nun ambiente compartido ou hábitat.
Sistemas orgánicos e aparellos no corpo humano
Sistema circulatorio: bombea e canaliza o sangue do corpo e os pulmóns mediante o corazón e os vasos sanguíneos. Sistema cutáneo: composto de pel, pelo, graxa, unllas... Sistema reprodutor: composto de órganos sexuais, entre eles trompas de Falopio, ovarios, útero, vaxina, testículos, próstata etc. Sistema dixestivo: é o conxunto de órganos que participan no procesamento dos alimentos e na obtención de nutrientes, na cabeza e tórax, incluíndo a boca, esófago, estómago, fígado, vesícula biliar, páncreas, intestino delgado, intestino groso e recto. Sistema excretor-urinario: é o conxunto de órganos que teñen como función a expulsión dos diferentes produtos de refugallo que se producen a consecuencia do metabolismo, evitando que alcancen concentracións tóxicas. Por compartir órganos co sistema reprodutor, tamén se ten estudado conxuntamente baixo a denominación de xenitourinario. Aparello respiratorio: composto de órganos respiratorios, entre eles os bronquios e os pulmóns. Sistema endócrino: comunicación no corpo mediante hormonase glándulas como a hipofise, pineal, tiroide, suprerrenal etc. Sistema inmunitario: protexe o organismo contra as agresións. Sistema linfático: encarrégase do transporte de líquido linfático entre os tecidos celulares e o ciclo sanguíneo a través de ganglios e vasos linfáticos. O sistema linfático tamén participa na inmunodefensa e na síntese de anticorpos. Sistema muscular: dá ao organismo liberdade de movemento, mantén o corpo en posición e produce calor. Composición de músculos esqueléticos, músculos cardíacos e músculos lixeiros. Sistema nervoso: recolle, transmite e trata información mediante o sistema central de nervios (cerebro e medula espiñal) e o Sistema nervioso periférico. (Véxase Sistema nervioso autónomo, Sistema nervioso central, Sistema nervioso periférico, Sistema nervioso, Sistema nervioso simpático, Sistema nervioso parasimpático e Sistema nervioso somático).
Notas
Véxase tamén
Sistema Sistema complexo Sistemas biolóxicos
Categoría:Anatomía Categoría:Bioloxía Categoría:Fisioloxía