With the Beatles é un álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 22 de novembro de 1963 a través do selo Parlophone. Foi gravado catro meses despois da estrea do grupo, Please Please Me, e ten oito composicións orixinais (sete de Lennon–McCartney e "Don't Bother Me", a primeira gravación dunha composición en solitario de George Harrison) e seis versións (principalmente éxitos de R&B e da Motown). A meirande parte dos temas do disco foron publicados nos Estados Unidos a través de Capitol Records como o LP Meet the Beatles! o 20 de xaneiro de 1964, e as que non entraron nese apareceron no seguinte álbum estadounidense da banda, The Beatles' Second Album.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de The Beatles Categoría:Álbums musicais de 1963 Categoría:Álbums producidos por George Martin Categoría:Álbums de Parlophone