miniatura|240px|Macrobrachium formosense, o "camarón de Foromosa (Taiwán)". miniatura|240px|Macrobrachium rosenbergii, o "camarón xigante de Malaisia".
Os palamoninos (Palaemoninae) é unha subfamila de crustáceos decápodos carideos, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos palemónidos (Palaemonidae), a maior delas e a única que comprende especies presentes no Atlántico nororiental;Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", pp. 346-347. a outra, a dos pontoniinos (Pontoniinae) inclúe especies propias dos arrecifes de coral.
Características Os palemoninos son principalmente carnívoros que comen pequenos invertebrados e detritos de peixes e outros animais, aínda que tamén poden comer algas).
Encóntranse en calquera hábitat acuático, excepto nas augas profundas.
Os xéneros máis importantes son Palaemon, que inclúe o camarón (Palaemon serratus) e Macrobrachium, o que alberga o maior número de especies, entre elas algunhas de interese comercial, como Macrobrachium rosenbergii.
Xéneros
A subfamilia dos palemoninos comprende, segundo Shane et al. e Grave et al., os xéneros seguintes:
Alburnia † Bravi & Garassino, 1998 Arachnochium Wowor & Ng, 2010 Bechleja † Houša, 1957 Beurlenia † Martins-Neto & Mezzalira, 1991 Brachycarpus Spence Bate, 1888 Coutierella Sollaud, 1914 Creaseria Holthuis, 1950 Cryphiops Dana, 1852 Exopalaemon Holthuis, 1950 Leander E. Desmarest, 1849 Leandrites Holthuis, 1950 Leptocarpus Holthuis, 1950 Macrobrachium Bate, 1868 Micropsalis † von Meyer, 1859 Nematopalaemon Holthuis, 1950 Neopalaemon Hobbs, 1973 Palaemon Weber, 1795 Palaemonetes Heller, 1869 Propalaemon † Woodward, 1903 Pseudocaridinella † Martins-Neto & Mezzalira, 1991 Pseudopalaemon Sollaud, 1911 Rhopalaemon Ashelby & De Grave, 2010 Schmelingia † Schweigert, 2002 Tenuipedium Wowor & Ng, 2010 Troglindicus Sankolli & Shenoy, 1979 Troglocubanus Holthuis, 1949 Troglomexicanus Villalobos, Alvarez & Iliffe, 1999 Urocaridella Borradaile, 1915 Yongjiacaris † Garassino, Shen, Schram & Taylor, 2002 miniatura|240px|Palaemon elegans, o "camarón elegante".
Porén, o Integrated Taxonomic Information System (2001),ITIS: Palaemoninae que manexa datos máis antigos, só recoñece estes 9:
Brachycarpus Exopalaemon Leander Leptocarpus Macrobrachium Nematopalaemon Palaemon Palaemonetes Urocaridella
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Palaemoninae en World Register of Marine Species.
Categoría:Carideos