Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas,De nome completo, Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández. Usou o hipocorístico Xocas desde rapaz e como tal era coñecido en tódolos ámbitos, chegando a asinar algún traballo con este apelativo. nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989,Se ben a súa lápida no cemiterio de San Francisco de Ourense indica que faleceu o 19 de xullo, as biografías que publican a Real Academia Galega, a Gran Enciclopedia Galega e Clodio González Pérez no nº 365 do Boletín da Real Academia Galega dan a data do 18 de xullo. Neste último texto escribe: A noitiña do 18 de xullo de 1989. foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.
Traxectoria Foi o primeiro fillo do escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez, ourensán, e de Joaquina Fernández Barcia, de Vigo. Cómpre lembra-la presenza e influencia do seu único irmán, Xurxo, tres anos máis novo ca Xaquín, quen colaborou con el en numerosas ocasións ata morrer prematuramente o 2 de abril de 1934, vítima dunha septicemia, con 24 anos de idade. Ramón Otero Pedrayo dixo de Xurxo que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración".
A morte do pai a finais de 1923 obrigou a que a nai tivese que marchar á Arxentina, a solucionar certos problemas coa herdanza familiar, polo que os irmáns foron vivir coa avoa paterna en Facós, Lobeira, no caso de Xocas, e coa familia do avó materno, en Vigo, no do seu irmán Xurxo. miniatura|Os dous irmáns, Xaquín e Xurxo Lorenzo Fernández, en 1912. Entre 1917 e 1923 estudou a educación primaria e o bacharelato na súa cidade natal, no que hoxe é o Instituto Posío, e onde máis tarde el mesmo sería profesor, tendo como mestre a Ramón Otero Pedrayo, quen tomara posesión da cátedra de Xeografía e Historia nese instituto en 1921.De feito, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo vivían porta con porta na rúa da Paz, en Ourense: os dous primeiros naceron e viviron na casa de fronte á de Xaquín, o que explica o estreito contacto persoal que mantiveron durante toda a vida. Ó residir longas tempadas, especialmente os veráns, na casa da avoa materna en Facós, entra en contacto coa cultura rural e comprende a necesidade do seu estudo e promoción:
miniatura|Solicitude de ingreso na USC en 1923, con quince anos de idade. En 1923 comeza a estudar, por libre, Filosofía e Letras (Sección Historia) na Universidade de Santiago de Compostela, pero non aproba ningunha materia nin nese ano nin no seguinte. A morte do pai obrígalle a suspende-los estudos, pero en 1925 matricúlase no acceso á carreira de Dereito, tamén por libre. Neste caso, nin se presenta ós exames e remata abandonando os estudos. Por fin, en 1931 volve a matricularse en Filosofía e Letras, en Santiago, co seu irmán Xurxo, á vez que seguen traballando para o Seminario de Estudos Galegos, pero teñen que pedi-lo traslado a Zaragoza en 1934 polos seus enfrontamentos cos profesores, a causa da súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Republicán de Ourense e, posteriormente, ingresou no Partido Galeguista. Xaquín remata a carreira en Zaragoza.
Desde moi cedo comezou a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo e, con 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala guerra civil, Xocas colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participou nas campañas que este organizou, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.
Canto á súa actividade política nesa época, lémbrese a súa participación na Irmandade Galeguista de Ourense, no Partido Nazonalista Repubricán e no Partido Galeguista do 36, así como a súa intervención activa no nacemento do frustrado Estatuto de Autonomía. miniatura|Xaquín e Xurxo Lorenzo con súa nai Joaquina Fernández Barcia, c. 1930. Aínda con estes precedentes, Xaquín Lorenzo vese obrigado a loitar cos sublevados na guerra civil. Foi recrutado xa o 1º de agosto de 1936 pero, ó resultar ferido no ombreiro esquerdo en Villablino (León), nada máis incorporarse á fronte, o día 12 dese mesmo mes, é declarado inútil para o exército. Por fin, o 29 de decembro de 1937 pode regresar á súa casa de Lobeira, desde onde cultiva un fecundo faladoiro con Risco, Cuevillas e Pedrayo.
Trala guerra civil, foi nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto Posío, de Ourense. Os seus antecedentes políticos terminan pasándolle factura e en 1942 pasou a exercer no colexio privado Cardenal Cisneros, da mesma cidade, e do que chegou a ser copropietario e director ata a súa xubilación en 1981. miniatura|300px|Xoaquín Lourenzo foi nomeado socio aitivo o 1º de Maio do 1926, Sant-Iago, 14 de Xaneiro de 1932. Durante os anos 1940 a 1950 dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega, entre os que destacan os seus estudos sobre o carro, as construcións tradicionais, os oficios, a dorna etc., así como sobre as festas e romarías, o cancioneiro e o refraneiro popular galego.
Compaxinou estes estudos etnográficos con outros traballos sobre arte, historiografía e arqueoloxía, co estudo e catalogación de diferentes castros, como os de Terra de Lobeira (1931, onde coñece o profesor Fritz Krüger), Cameixa (Boborás, en 1944), Cabanca (Castrelo do Val, 1944) ou o de Castromao (Celanova). Este labor desenvolveuno dentro do seu traballo co grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co Grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foi publicando en revistas como Nós, no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, no Caderno de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, no Boletín Avriense etc. Colaborou tamén en diferentes ocasións en publicacións equivalentes de España, Portugal e Alemaña.
Cómpre destaca-lo feito de que os seus traballos etnográficos e técnicos ían adoito enriquecidos cos seus propios debuxos (ou do seu irmán Xurxo) e fotografías, co que consegue reflecti-las variedades locais dos obxectos que describía. Tamén recorreu ó cine para recoller mellor as actividades que estudaba, e neste eido destaca sobre todo unha curtametraxe sobre O carro e o home (1940),O carro e o home en YouTube de inestimable valor etnográfico. Este documental, baixo idea e guión del mesmo, dirixido por Antonio Román e producido por Carlos Serrano, recibiu o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo e foi reeditado en 1980 por Eloy Lozano.
O carro ocupou un importante lugar na preocupación de Xaquín Lorenzo pola etnografía galega. De feito, foi un carriño de vacas que fixo con 16 anos idade, cos nomes de tódalas pezas, o que lle abriu as portas ante Cuevillas e a xeración Nós. Sempre tivo unha especial habilidade nas actividades manuais, realizando diversas maquetas de carros, xugos, ferramentas labregas e casas, a pesar de que con 5-6 anos perdera parte dos dedos anular e maior da man dereita nun accidente cun forno.
miniatura|300px|No Porto en 1935, con Castelao, Ramón Sobrino e Filgueira Valverde. A partir de 1942 comezou a colaborar co Museo Arqueolóxico de Ourense e coa Comisión de Monumentos, chegando a ser académico correspondente da Real Academia da Historia. Tamén foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia, da Associação dos Arqueólogos Portugueses, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e do Patronato do Museo del Pueblo Español, de Madrid.
En 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega a proposta dos seus eternos compañeiros Cuevillas, Risco e Otero Pedrayo, nun acto celebrado o 16 de setembro en Celanova, pronunciando no seu ingreso o discurso La casa gallega. Outros candidatos a esta distinción foron Plácido Castro e Ramón Varela Núñez. O novo académico foi acollido polo propio Otero Pedrayo, que leu o discurso de resposta.
En 1964 mórrelle a nai, Joaquina, e Xaquín comeza unha fase de progresivo illamento, reducindo os seus contactos a un pequeno número de amigos. A morte en 1975 dun deles, Xesús Ferro Couselo, con quen colaborara estreitamente, contribúe a afonda-la súa introversión. Todo isto, xunto á precaria saúde (padecía reuma e unha perda progresiva da vista), levárono a recluírse na súa casa e dedicarse case exclusivamente á lectura.
Sae desta situación, por fin, cando en 1976 comeza a creación do Museo do Pobo Galego, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. O proxecto de creación dun Museo de Galicia xa nacera nos anos trinta como un dos obxectivos do Seminario de Estudos Galegos, pero foi truncado pola guerra civil e a desaparición do Seminario. Xaquín Lorenzo doará ós fondos do museo, inaugurado en 1977, a súa biblioteca e a súa ampla colección de maquetas que fixera el mesmo ó longo da súa vida, do carro, de trebellos agrícolas e de casas tradicionais de diferentes tipoloxías.
En 1978, co rexurdir das actividades galeguistas trala morte de Francisco Franco e a reinstauración da democracia en España, participa máis ou menos activamente no renacemento do Partido Galeguista de Avelino Pousa Antelo, se ben remata identificándose máis co colectivo apartidista Realidade Galega e expresa o seu apoio público ó voto afirmativo no referendo do Estatuto de autonomía, xunto a outros intelectuais galegos.
O 19 de xullo de 1989 morreu na súa casa de Facós (Lobeira, Ourense), sendo enterrado no cemiterio de San Francisco, da capital.
Ó longo da súa vida recibiu numerosas distincións, medallas e nomeamentos, como a Encomenda de Afonso X o Sabio (Ministerio de Educación, 1961), o Premio Otero Pedrayo (concedido polas deputacións galegas, en 1982), conselleiro do novo Seminario de Estudos Galegos, presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro (1983), fillo predilecto da provincia de Ourense (1983), premio Trasalba (1983) ou a primeira Medalla Castelao (Xunta de Galicia, 1984). Cómpre destaca-la súa presidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego. miniatura|Xaquín Lorenzo está considerado como o mestre da etnografía galega. Trala súa morte segue recibindo homenaxes de diversa índole, como a publicación dun número extraordinario na súa memoria do Boletín Auriense, en 1990; a dedicatoria do Día das Letras Galegas en 2004; ou o monográfico que sobre a súa vida e obra dedicoulle o Boletín da Real Academia Galega, tamén en 2004.
Etnografía. Cultura material
Do interese de Xaquín Lorenzo na etnografía galega dá idea o feito de que, dos 125 traballos que publicou -só ou en colaboración con outros autores-, a metade estuda e describe diversos aspectos da cultura popular, material ou inmaterial. O traballo máis completo é o que constitúe o segundo volume da magna obra que sobre a Historia de Galiza dirixiu Ramón Otero Pedrayo e da que só chegaron a publicarse tres tomos.
Para a redacción desta Etnografía, Xocas percorre Galicia ó longo de máis de vinte anos, moitas veces acompañado do seu irmán ou de Risco, e recolle información local de numerosos elementos da arquitectura popular, obxectos de uso cotián e actividades tradicionais, que describe polo miúdo e retrata mediante abondosos debuxos e fotografías.