Sadako 3D é un filme xaponés dirixido por Tsutomu Hanabusa que se estreou no 2012. Baséase na novela S do creador de Ring, Koji Suzuki.

Sinopse Akane é unha mestra de instituto que escoita o rumor de que os seus alumnos andan a buscar un vídeo maldito no que se presencia o suicidio dunha persoa. Nun primeiro momento non cre que sexa certo, pero cando unha das súas estudantes aparece morta despois de ver un vídeo, ela e o seu mozo veranse envoltos nunha espiral terrorífica creada polo home que aparece no vídeo, Kashiwada. A súa intención era crear o caos no mundo traendo a Sadako de volta co poder da súa maldición.

Personaxes Satomi Ishiharacomo Akane Ayukawa Koji Seto como Takanori Ando Yusuke Yamamoto como Kashiwada Seiji Ryosei Tayama como Detective Koiso Ai Hashimoto como Sadako Yamamura

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes con banda sonora de Kenji Kawai Categoría:Filmes de 2012 en 3D