Fernando Amarelo de Castro, nado en Muras o 2 de novembro de 1937 e finado en Ferrol o 19 de xaneiro de 2017, foi un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid, do Centro de Estudios Universitarios CEU e do Centro de Estudios Superiores Bancarios. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2001. Foi responsable de Emigración da Xunta de Galicia.

Obra En los surcos del tiempo (1995)

Vida persoal Casou con María del Carmen Freire e tivo dous fillos, María del Carmen e Fernando.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso Ficha en galegos.info

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Avogados de Muras Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia