Lázaro Cárdenas del Río, en Jiquilpan o 21 de maio de 1895 e finado en Cidade de México o 19 de outubro de 1970, foi un xeneral e estadista mexicano, Presidente de México do 1 de decembro de 1934 ó 30 de novembro de 1940.
Traxectoria Destacou, entre outras accións de goberno, pola reforma agraria e a creación dos "ejidos" no sector agropecuario mexicano; pola nacionalización dos recursos do subsolo, en especial do petróleo, e por lles ter brindado asilo político ós exiliados españois durante a guerra civil. Tamén, por ter consolidado as bases de funcionamento do Partido Nacional Revolucionario e o seu proceso evolutivo, a raíz da incorporación das grandes centrais obreiras, cara ó Partido de la Revolución Mexicana, antecesores do Partido Revolucionario Institucional (PRI).
Véxase tamén Outros artigos Lista de xefes de estado de México
Categoría:Presidentes de México Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados no estado de Michoacán Categoría:Premio Lenin da Paz