A escoliose (en grego: skoliōsis, de skolios, "torto")Online Etymology Dictionary. Douglas Harper, Historian. Accessed 27 December 2008. Dictionary.com http://dictionary.reference.com/browse/scoliosis é unha desviación do raque que ten como resultado que a columna vertebral dunha persoa se curve de lado a lado. Aínda que é unha complexa deformidade tridimensional, nunha radiografía vista dende atrás, a columna vertebral dunha persoa con escoliose típica pode verse máis como un "S" ou un "C" que unha liña recta. Xeralmente, clasifícase en conxénita (causada por anomalías vertebrais presentes ó nacer), idiopática (de causa descoñecida, sub-clasificada á súa vez como infantil, xuvenil, adolescente ou adulto segundo a data de inicio na que se produciu) ou neuromuscular (ten desenvolto como síntoma secundario doutra enfermidade espiña bífida, parálise cerebral, atrofia muscular espiñal o un trauma físico). A escoliose afecta aproximadamente a 7 millóns de persoas nos Estados Unidos.

Clasificación A escoliose clasifícase en tres grandes grupos dependendo da súa causa: Escoliose neuromuscular: debido a alteracións primarias neurolóxicas ou musculares, que causan perda de control do tronco por debilidade ou parálise. Escoliose conxénita: causada por malformacións vertebrais de nacemento. Escoliose idiopática: constitúen máis do 80% de tódalas escolioses e a súa causa é descoñecida. Segundo a idade en que é diagnosticada, divídese en tres tipos: Escoliose idiopática infantil: dende o nacemento ata os 3 anos de idade. Escoliose idiopática xuvenil: entre os 4 e os 9 anos. Escoliose idiopática do adolescente: entre os 10 anos e a madurez esquelética. É máis frecuente en nenas nunha proporción 7:1.

Sinais e síntomas Os pacientes que acadaron a madurez esquelética son menos propensos a ter unha condición severa. Algúns dos casos graves de escoliose poden dar lugar á diminución da capacidade pulmonar ó exercer presión sobre o corazón, por ende restrinxindo as actividades físicas do paciente.

Os sinais de escoliose poden incluír: Musculatura desigual dun lado da columna vertebral. Prominencias nas costelas ou na escápula, causada pola rotación da caixa torácica na escoliose torácica. Cadrís ou pernas de tamaño desigual. Reflexos lentos (nalgúns casos)

Enfermidades asociadas A escoliose está ás veces asociada con outras enfermidades como a síndrome de Ehlers-Danlos (hiperflexibilidade, síndrome do "bebé hipotónico", e outras variantes), enfermidade de Charcot-Marie-Tooth, síndrome de Prader-Willi, cifose, parálise cerebral, atrofia muscular espinal, distrofia muscular, disautonomía familiar, síndrome de CHARGE, ataxia de Friedreich, síndrome X fráxil, síndrome de Proteus, espina bífida, síndrome de Marfan, neurofibromatose, conectivopatías, hernia diafragmática conxénita, hemihipertrofia, e desordes do eixo craneoespinal (p.ex., siringomielía, prolapso mitral, malformación de Chiari) e síndrome da banda amniótica.

A miúdo, a escoliose asociada cos síndromes de Marfan ou Prader–Willi denomínase escoliose sindrómica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cifose

Categoría:Doenzas do aparello locomotor Categoría:Termos médicos Categoría:Doenzas conxénitas