As Crónicas de Gáidil foi o primeiro xogo de rol publicado en lingua galega. Foi deseñado por Pablo Fernández Otero e Nacho Rodríguez Domínguez, con axuda do ilustrador vigués Víctor Rivas e foi publicado pola editorial ourensá Difusora de Letras, Artes e Ideas o 31 de outubro de 2007. O xogo tivo unha grande aceptación, pero algúns criticárono como unha publicación nacionalista. A acción transcorre nun mundo fantástico chamado Gael-leach, clara representación de Galicia na Idade de Bronce, mesturando a mitoloxía celta cos castros galegos, sendo algúns exemplos de razas os mouros ou os guéghal (parecidos aos seres humanos). O sistema de xogo está baseado en dados de seis caras (no libro aparece abreviado como d6).

Véxase tamén Ligazóns externas Blog oficial Vídeo das "Crónicas de Gáidil" na TVG (YouTube)

Categoría:Xogos de rol