Teófila Martínez Saiz, nada en Santander (Cantabria) o 5 de xaneiro de 1948, é unha política española. É arquitecta técnica de profesión. Pertence ao Partido Popular, no que ingresou en 1977, por entón Alianza Popular. Foi alcaldesa de Cádiz e deputada do Congreso pola provincia de Cádiz.

Traxectoria

En decembro de 1982 foi elixida secretaria xeral provincial de Alianza Popular en Cádiz. De 1983 até 1987 foi concelleira no concello de El Puerto de Santa María. É alcaldesa de Cádiz desde o ano 1995, sendo a alcaldesa máis votada das capitais de provincia de España nas eleccións municipais de 2003 e 2007, con arredor do 60% dos votos.La voz Digital. Post-elecciones 2007 Coas eleccións municipais de 2011 revalida o cargo, manténdose como alcaldesa durante vinte anos.

Do seu goberno como alcaldesa destaca o soterramento da vía férrea ao seu paso por Cádiz, a consecución da Segunda Ponte do Goberno da Nación e a efeméride Cádiz 2012, organizada a nivel estatal grazas á aposta decidida do concello de Cádiz por conmemorar os douscentos anos da Constitución de Cádiz de 1812.

Foi senadora pola comunidade autónoma de Andalucía (2000-2004). Presidiu o PP de Andalucía desde 1999 até 2004, perdendo as eleccións ao Parlamento de Andalucía nos anos 2000 e 2004, sendo substituída posteriormente por Javier Arenas. Exerceu de portavoz do PP na Comisión de Obras Públicas do Congreso dos Deputados e coordinadora de Comisións do Grupo Popular no Congreso. Presidenta estatal de Mulleres para a Democracia e membro do Comité Executivo Nacional do PP.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web do Parlamento de Andalucía

Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1948 Categoría:Políticos do PP de Andalucía Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Alcaldes de Cádiz Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Andalucía Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)