Antonio Varela Álvarez, nado na Pobra do Brollón o 30 de marzo de 1945, é un político galego.
Traxectoria É graduado social e foi xefe da Estación de Monforte de Lemos. Concelleiro en Monforte dende 1974. Afiliado a Alianza Popular, foi secretario local de Monforte. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por AP. Posteriormente militou no Partido Galeguista do que chegou a ser vicepresidente logo do IX Congreso, celebrado en 2008.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas «O electorado monfortino non quere ir dun extremo a outro»
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1945 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes