O Parque Nacional Krkonoše (Krkonošský národní park en checo), tamén coñecido simplemente como KRNAP, é un dos catro parques nacionais da República Checa.

Fundado o 17 de maio de 1963, é o parque máis antigo do país e localízase dentro das Montañas Krkonoše, nas rexións de Liberec e Hradec Králové. O parque tamén se atopa na lista da UNESCO de Reservas da biosfera e linda co Parque Nacional Karkonosze en Polonia.

O monte máis alto do parque é o Sněžka, con 1602 metros de altitude, sendo tamén o punto máis alto de toda a República Checa.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do parque Bosques do Parque Nacional Krkonoše (vídeo de YouTube)

Categoría:Parques nacionais da República Checa Categoría:Reservas da biosfera da República Checa Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1963