The Devil Wears Prada é un filme estadounidense dirixido por David Frankel que se estreou no 2006. Baséase na novela homónima de Lauren Weisberger.
Sinopse No bulideiro mundo da moda de Nova York, o cumio do éxito represéntao a revista Runway, dirixida con man de ferro por Miranda Priestly (Meryl Streep). Traballar como axudante de Miranda podería abrirlle calquera porta a Andy Sachs (Anne Hathaway), senón fose porque é unha rapaza que destaca polo seu desaliño dentro do grupo de fermosas xornalistas da revista. Andy comprende axiña que para triunfar nese negocio vai precisar algo máis que iniciativa e preparación. E a proba está diante dela, vestida de pés a cabeza de Prada.
Personaxes Anne Hathaway como Andrea "Andy" Sachs Meryl Streep como Miranda Priestly Emily Blunt como Emily Charlton Stanley Tucci como Nigel Simon Baker como Christian Thompson Adrian Grenier como Nate Cooper Tracie Thoms como Lily Rich Sommer como Doug Daniel Sunjata como James Holt David Marshall Grant como Richard Sachs Tibor Feldman como Irv Ravitz Rebecca Mader como Jocelyn Gisele Bündchen como Serena Alyssa Sutherland como Clacker Ines Rivero como Clacker no ascensor Stephanie Szostak como Jacqueline Follet
Cameos Valentino Garavani Giancarlo Giammetti Carlos de Souza Charlene Shorto Bridget Hall Lauren Weisberger Robert Verdi Heidi Klum Ivanka Trump
Galardóns e nomeamentos 2006: 2 Nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz principal (Meryl Streep), vestiario. 2006: Globo de Ouro: Mellor actriz comedia ou musical (Meryl Streep). 3 nomeamentos. 2006: 5 Nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor actriz, vestiario e guión adaptado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Frankel Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre xornalistas