The Princess Diaries é un filme estadounidense dirixido por Garry Marshall que se estreou no 2001. Baséase na novela homónima de Meg Cabot. Unha secuela, Royal Engagement, foi estreada en agosto de 2004.

Sinopse A vida de Mia Thermopolis (Anne Hathaway), unha tímida adolescente que vive en San Francisco, da un xiro cando descobre que é a herdeira do trono do diminuto principado europeo de Genovia. A súa estrita e sabia avoa, a Raíña Clarisse Renaldi (Julie Andrews), irrompe entón na súa vida coa intención de preparala para ser princesa, pero Mia non ten a menor intención de deixar a súa vida para gobernar un país tan afastado. A reticente princesa enfróntase ó dilema máis importante da súa vida: seguir coa súa familia ou aceptar as súas responsabilidades como princesa.

Personaxes Anne Hathaway como Mia Thermopolis Julie Andrews como Raíña Clarisse Renaldi Heather Matarazzo como Lilly Moscovitz Héctor Elizondo como Joseph "Joe" Mandy Moore como Lana Thomas Caroline Goodall como Helen Thermopolis Larry Miller como Paolo Robert Schwartzman como Michael Moscovitz Erik von Detten como Josh Bryant Sean O'Bryan como Patrick O'Connell Sandra Oh como Vicedirectora Gupta Kathleen Marshall como Charlotte Kutaway Mindy Burbano como Profesora de ximnasia Ms. Harbula Rene Auberjonois como Voz de Philippe Renaldi Larry Miller como Paolo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Garry Marshall Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a realeza