Tibor Pleiß, nado en Bergisch Gladbach (Colonia, Renania do Norte-Westfalia) o 2 de novembro de 1989, é un xogador de baloncesto profesional alemán que xoga no Trapani Shark da Lega Basket Serie A italiana. Mide 2,18 metros e xoga na posición de pivote.

Traxectoria Pleiß uniuse ós Köln 99ers da Basketball Bundesliga con 17 anos en 2006.Player Profile at Basketpedya.com Xogou durante tres anos co club, chegando a xogar a ULEB Eurocup no ano 2008. Antes da tempada 2009-10, fichou polo Brose Baskets.Profile at Eurobasket.com

Pleiß declarouse elixible para o Draft da NBA de 2010. Foi elixido polos New Jersey Nets na 31ª posición, e foi traspasado posteriormente ós Atlanta Hawks. Máis tarde, os Hawks venderon os seus dereitos ós Oklahoma City Thunder.

No ano 2012, Pleiß deixou Alemaña para xogar no Saski Baskonia da Liga ACB.Caja Laboral ficha a Tibor Pleiss y Fabien Causeur Baskonia, 24 de xuño de 2012

En agosto de 2014, asinou un acordo de dous anos co FC Barcelona.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados na rexión de Colonia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores do Köln 99ers Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do Pallacanestro Trapani‎