thumb|right|250px|Úlceras na pata dun can causadas por vasculites cutánea. O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo. Patoxénese O dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son: Inflamación de orixe inmunitaria; Mediadas polo sistema do complemento Mediadas por anticorpos (síndrome de Goodpasture) Mediadas por inmunidade celular Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos; Bacterias: Neisseria Rickettsia: febre das montañas rochosas Espiroquetas: sífilis Fungos: asperxilose Virus: virus varicela zóster

Cadro clínico As vasculites amosan unha gran variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.

Clasificación A clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos: Vasculite de grandes vasos:

Arterite de células xigantes (Arterite da temporal) Arterite de Takayasu

Vasculite de vasos medios: Poliarterite nodosa (PAN). Doenza de Kawasaki.

Vasculite de vasos pequenos: Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s: Polianxeíte microscópica Granulomatose de Wegener Síndrome de Churg-Strauss Vasculite ANCA positiva por mor de drogas Por mor da presenza de inmunocomplexos: Vasculite leucocitoclástica cutánea Síndrome de Schönlein-Henoch Outras vasculites de vasos pequenos Crioglobulinemia mixta Síndrome de Behçet Véxase tamén Outros artigos Síndrome de Sturge-Weber Ligazóns externas Portal de saúde con información útil sobre as vasculites (en portugués) Páxina de información adicional sobre as vasculites (galego)

Categoría:Reumatoloxía