O HMS Beagle foi un bergantín da clase Cherokee da Mariña Real Británica botado ás augas do río Támese o 11 de maio de 1820 dende os estaleiros Woolwich; tiña 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga, 3,8 metros de calado, dez canóns, 235 toneladas de carga e unha tripulación de cento vinte homes.
En xullo dese mesmo ano tomou parte na Revista Naval de celebración pola coroación do rei Xurxo IV, sendo o primeiro barco en navegar baixo a nova Ponte de Londres, quedando logo na reserva, a flote e atracado pero sen mastros ou aparellos.
Despois foi adaptado como bric-barca e participou en tres expedicións. Na segunda, baixo o mando do comandante Robert FitzRoy, viaxou a bordo o naturalista Charles Darwin cuxo traballo fixo do Beagle un dos barcos máis famosos da historia.
Véxase tamén Outros artigos Segunda viaxe do Beagle
Ligazóns externas
The HMS Beagle Project Blog do HMS Beagle Project British historical Archive - Fitz-Roy Testemuño deixado no cabo de Fornos Réplica do HMS Beagle Blog oficial da construción da primeira réplica a tamaño real do HMS Beagle
Categoría:Bergantíns Categoría:Navíos da Royal Navy Categoría:Barcos de 1820