Xosé García Rodríguez, nado en Barcelona o 13 de outubro de 1970, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes, regresou en 1984 a Palas de Rei, residindo actualmente en Melide. É licenciado en Xornalismo pola Universidade do País Vasco. Tamén traballou como profesor de xadrez e oleiro (graduado superior en Cerámica Artística pola Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Ramón Falcón). Na súa faceta xornalística, ten publicado textos en A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública, Luzes, Nós Diario, Cerna, 15/15\15, Sin Permiso, Página Abierta e Soberanía Alimentaria, sendo correspondente de La Voz de Galicia nas comarcas de Arzúa e Melide entre 1999 e 2002. Dende finais do 2002 até o verán de 2021 traballou no gabinete de prensa do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e coordinou o seu voceiro Fouce. Como escritor usou varios pseudónimos, como Cibrán Ulloa ou Xosé de Cea, decantándose por utilizar en exclusiva este último na súa obra publicada dende 2018 e no que toma o apelido da súa muller Soqui Cea.

Obra Poesía Presencia da fenda (2001). Letras de Cal.Presencia da fenda, en Poesiagalega.org Vilareda (2018). Asociación Rosalía de Castro de Barakaldo.Vilareda, en Caderno da Crítica. Versos para alén da ponte (2020). Pontevedra: Editora Urutau.Versos para alén da ponte, en Caderno da Crítica. Dende a miña barricada de sofás e canapés (2024). Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-87-4.

Literatura infanto-xuvenil O lume dos soños (2004). Vigo: Baía Edicións. Publicado baixo o nome de Cibrán Ulloa. Revolución detrito (2019). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. En terra rara (2021). A Coruña: Medulia Editorial. 138 páxs. ISBN 978-84-124509-6-5.

Ensaio Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST (2013). Estaleiro. Publicado como Xosé García Rodríguez. O que estou a dicir cando digo «Altri Non» (2025). Edicións Laiovento.

Novela

Coímbra (2023). Vigo: Galaxia. 182 páxs. ISBN 978-84-1176-030-0.

Relato

A cámara estéril (2023). Relato publicado en cinco entregas no xornal Nós Diario do 22 ao 26 de agosto de 2023.

Obras colectivas XIV Certame Francisco Añón de Poesía (Solsticio de río), 2010, Concello de Outes. E de súpeto o inverno, 2017. Agalir Ediciones Solidarias. Andares. A Terra do Medio, 2019. Libro de homenaxe a Xosé Vázquez Pintor. Xistral Revista Lucense de Creación Poética, nº 22, 2020. Concello de Lugo. 75 apertas de buxo, 2021. Edicións Fervenza. Cuaderno de viaje. Camino Primitivo (en asturiano). Patanegra Ediciones de Arte, 2022.

Premios Gañador do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Presencia da fenda. Gañador do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil no 2004, por O lume dos soños.Nova do premio Meiga Moira en Galicia Digital Accésit no XIV Certame de Poesía Francisco Añón, convocado polo concello de Outes no 2010, por Solsticio de río. Finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña en 2018, por Revolución Detrito. Finalista do IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Concello de Vilalba en 2020, por En terra rara. Finalista do XXXII Premio de Narrativa Torrente Ballester en lingua galega, convocado pola Deputación da Coruña en 2020, por Coímbra. Gañador do V Premio de Poesía Eduardo Pondal, convocado por Medulia Editorial en 2023, por Dende a miña barricada de sofás e canapés. Gañador do IV Premio de Novela da Galicia Rural con Nacional 547.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Baía Edicións Ficha do autor en Edicións Xerais de Galicia. Perfil en Praza Pública Entrevista en Palavra Comum.

Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1970