Pavel Petrovich Bazhov, en ruso Павел Петрович Бажов, nado en 1879 e finado en 1950, foi un escritor ruso.

Traxectoria Naceu nunha familia de traballadores en Sisertski Zavod, nos Urais, en 1899 entrou no seminario, foi profesor en Ekaterinburgo. Fíxose xornalista logo da Revolución rusa e escribiu ensaios sobre os Urais como Sucesos nos Urais (1929), pero o que lle deu fama foron as súas coleccións de relatos como O cabalo verde e sobre todo O estoxo de Malaquita (1939). O seu relato A flor de pedra levouse ao cine en 1946 e inspirou un ballet de Alexander Prokofiev en 1954.

Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no óblast de Sverdlovsk Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1950