Osasco é unha cidade da rexión metropolitana de São Paulo, situada a 16 km da capital paulista. Ata 1962 foi un barrio da cidade de São Paulo, pero nese ano emancipouse despois dun plebiscito. Ligase á capital por diversas rúas e avenidas, ademais dunha liña de ferrocarril e de dúas estradas modernas que tamén a ligan ao interior do estado, a Anhangüera e a Castelo Branco.

miniatura|esquerda|Edificios en Osasco.

Ademais de ser cidade-dormitorio para unha parte da súa poboación, é tamén unha cidade industrial, comercial e de servizos, na cal moitas persoas da capital e de cidades veciñas traballan. Nela están as sedes dunha grande emisora de televisión brasileira, o SBT (Sistema Brasileiro de Televisão), e do máis importante banco privado brasileiro, o Banco Brasileiro de Descontos S/A - Bradesco.

Categoría:Cidades do estado de São Paulo