miniatura

A Organización para a Unidade Africana foi unha organización internacional que pretendía agrupar os países de África, estableceuse o 25 de maio de 1963 en Adís Abeba (Etiopía) e desapareu o 9 de xullo de 2002 substituída pola Unión Africana. Tiña como obxectivo promover a unidade e a solidariedade entre os estados africanos, defender a soberanía e integridade dos estados africanos, coordinar e harmonizar as políticas nacionais, e actuar como voz colectiva do continente, ademais dedicábase tamén á erradicación do colonialismo, mesmo establecendo un comité de liberación por mor de axudar os movementos independentistas contra os gobernos europeos.

Secretarios Xerais da OUA (1963-2002) Kifle Wodajo (Etiopía) maio de 1963 Diallo Telli (Guinea) xullo de 1964 Nzo Ekangaki (Camerún) xuño de 1972 William Eteki (Camerún) xuño de 1974 Edem Kodjo (Togo) xullo de 1978 Peter Onu (Nixeria) interino xuño de 1983 Ide Oumarou (Níxer) xullo de 1985 Salim Ahmed Salim (Tanzania) setembro de 1989 Amara Essy (Costa do Marfil) setembro de 2001

Categoría:Organizacións internacionais