Imperatriz é a segunda cidade do Maranhão en poboación total. Sitúase nas marxes do río Tocantins enfronte ao estado de Tocantins. Actualmente é, xunto con cidades veciñas, unha grande produtora de soia, a cal é levada ata o porto da capital, Sao Luis por ferrocarril, para exportación. Hai tamén un importante comercio e servizos e algunhas industrias.

A cidade é considerada o portón de entrada da selva amazónica, para quen ven dende a capital ou dende o leste do estado, ou de estados veciños do Nordeste brasileiro.

Fai tamén parte dunha rexión de conflitos pola pose de terras, coñecida como Bico de Papagaio, situada ó sur do estado e tamén no veciño Tocantins. Estes conflitos agrarios moitas veces resultaron en mortes de traballadores rurais.

Véxase tamén Ligazóns externas Portal Oficial de Imperatriz

Categoría:Cidades do Maranhão