Atomizer é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Big Black, editado o 1 de xaneiro de 1986 a través do selo Homestead Records.

Foi publicado en CD, co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat", co nome The Rich Man's Eight Track Tape, onde se eliminou a canción instrumental "Strange Things", ademais do libreto do LP orixinal. Isto débese á aversión de Steve Albini ao formato CD.

Sinxelos Unha canción do álbum, "Big Money", foi lanzada como cara b do sinxelo "Il Duce" antes da edición de Atomizer. Homestead Records tamén publicou "Big Money" e "Il Duce" como a cara a dun disco de 12", con tres temas ao vivo na cara b (incluída a versión en directo de "Cables", que aparecería en Atomizer) co acordo de que o 12" se usase só par propósitos promocionais. O selo enviou o 12" de promoción a emisoras de radio, e despois vendeu copias extra fóra de Chicago, a cidade de Big Black, agardando que a banda non se enterase. Cando o fixo, Big Black deixou Homestead e fichou por Touch and Go Records.

Continuación e lanzamentos en CD No ano seguinte ao lanzamento de Atomizer, Big Black gravou o seu EP de catro cancións Headache e publicouno cun adhesivo que dicía, "Atención! Non tan bo como Atomizer, así que non te fagas ilusións". O mesmo adhesivo tamén aparece nalgunhas copias do EP de Sonic Youth Master=Dik. Ese mesmo ano Atomizer foi recompilado nun CD xunto co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat" co nome de The Rich Man's Eight Track Tape. O CD omitiu o tema 9 "Strange Things", así como a arte e o libreto dos discos orixinais. No seu lugar, Steve Albini expresou o seu desgusto xeral co formato CD no libreto dicindo, "Este disco compacto, compilado para explotar a aqueles de vostedes o suficientemente crédulos como para posuír o bastardo sistema de música dixital de primeira xeración, contén masters completamente analóxicos. Os discos compactos son bastante duradeiros, sendo esta a súa única vantaxe sobre os medios musicais reais. Debe aproveitar cada oportunidadi para rascalos, tomarlles pegadas dactilares e comer sándwiches de ovo e touciño neles. Nov se preocupe pola súa lonxevidade, xa que Philips declararaos obsoletos cando comece a seguinte fase da bonanza tecnolóxica que exprime o mercado".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Big Black Categoría:Álbums musicais de 1986 Categoría:Álbums de Homestead Records Categoría:Álbums de estrea