250px|miniatura|Sede na praza da Villa de París, en Madrid. O Tribunal Supremo é o órgano constitucional de España que se atopa na cúspide do Poder Xudicial. É o tribunal superior en todas as ordes, salvo o disposto en materia de garantías constitucionais cuxa responsabilidade descansa no Tribunal Constitucional, alleo ao Poder Xudicial.
A sede do Tribunal Supremo atópase en Madrid, na Praza da Villa de París, ocupando dependencias do que foi o Palacio e convento das Salesas Reais, fundado pola raíña Bárbara de Bragança no século XVIII.
Atribucións
O Tribunal Supremo é o tribunal de última instancia (final) en todos os casos e as súas decisións só poden ser deixadas sen efecto cando o Tribunal Constitucional atopa lesión dos dereitos e liberdades constitucionais. En todos os demais casos, non é posible apelar ou recorrer unha decisión firme do Tribunal Supremo.
No entanto, no ámbito penal, o Rei pode deixar sen efecto ata as condenas impostas ou ratificadas polo Tribunal Supremo, en exercicio do dereito de graza que a Constitución lle recoñece, a proposta do Consello de Ministros que é o órgano que decide, decisión que posteriormente formaliza o Rei como acto debido.
Coñece e decide en única instancia os procesos de responsabilidade civil ou penal contra o Presidente e os ministros do Goberno da Nación, os senadores e deputados das Cortes Xerais, o Presidente e os maxistrados do propio Tribunal Supremo e vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, o Presidente e os maxistrados do Tribunal Constitucional e outros integrantes de altas institucións do Estado e das comunidades autónomas.
Así mesmo, coñece e decide os procesos de ilegalización de partidos políticos, a instancia exclusiva do Ministerio Fiscal ou do Goberno, requirido a iso polo Senado ou o Congreso dos Deputados.
Tamén coñece e decide os recursos ordinarios e extraordinarios previstos pola Lei contra as resolucións dos tribunais inferiores.
Para rematar, coñece e decide os demais procesos que a Constitución ou a Lei reservan á súa competencia.
Garantías constitucionais
O Tribunal Supremo goza dunha posición análoga á das Cortes Xerais e o Goberno da Nación, por mor de posición equivalente como cabeza dun dos tres Poderes do Estado.
En garantía da súa liberdade de funcionamento, o Tribunal Supremo conta coa prerrogativa de executividade dos seus actos en virtude do principio de obediencia ás resolucións xudiciais firmes consagrado pola Constitución, en conxunción co feito de que a maioría das resolucións deste Tribunal son firmes por tratarse de solucións a recursos contra actos dos Tribunais inferiores.
Ademais, o Tribunal Supremo é o único que pode ordenar a detención dos seus propios membros e só el pode procesalos e separalos por responsabilidades civís e penais no desempeño das súas funcións.
Adicionalmente, o Consello Xeral do Poder Xudicial tamén supervisa o funcionamento do Tribunal Supremo, aínda que todos os actos deste Consello poden ser anulados polo propio Tribunal Supremo en vía contencioso-administrativa.
Organización e funcionamento
O Tribunal Supremo está composto por un Presidente e por un número indeterminado de Maxistrados adscritos ás diversas Salas que o integran, todos eles nomeados polo Rei a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial.
No seo do Tribunal Supremo existen órganos xurisdicionais, é dicir, encargados de administrar xustiza en nome do Rei xulgando e facendo executar o xulgado, e órganos gobernativos e administrativos, é dicir, aqueles con función de goberno e dirección ou de simple administración e auxilio aos outros dous grupos.
Órganos xurisdicionais: as salas
O Tribunal Supremo está dividido en cinco Salas, que entenden dos recursos que se presenten contra as resolucións dos Tribunais inferiores e en primeira ou única instancia dos procesos sobre responsabilidade do Presidente e os Ministros do Goberno da Nación, dos Senadores e Deputados das Cortes Xerais, do Presidente e os Maxistrados do Tribunal Supremo, dos Vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, do Presidente e os Maxistrados do Tribunal Constitucional e doutros integrantes de Órganos Constitucionais do Estado e as comunidades autónomas, sempre segundo as respectivas ordes xurisdicionais:
Sala Primeira, do Civil. Sala Segunda, do Penal. Sala Terceira, do Contencioso-administrativo. Sala Cuarta, do Social. Sala Quinta, do Militar.
Ademais, dentro do Tribunal Supremo existen uns órganos xurisdicionais especiais:
A Sala Especial do artigo 61 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que coñece dos procesos de ilegalización de partidos políticos, dos procesos sobre declaración de erro xudicial e sobre responsabilidade en exercicio de funcións xurisdicionais das demais Salas do Tribunal Supremo e doutros procesos de especial importancia; está composta polo Presidente do Tribunal Supremo, os Presidentes das Salas e o Maxistrado máis antigo e o máis moderno de cada unha delas. A Sala de Conflitos de Competencia, que resolve os conflitos positivos e negativos de competencia que se susciten entre órganos xudiciais pertencentes a distinta orde xurisdicional; está composta polo Presidente do Tribunal Supremo e por un Maxistrado de cada unha das Salas correspondentes ás ordes xurisdicionais en conflito. A Sala de Conflitos de Xurisdición, que resolve os conflitos positivos e negativos de xurisdición que se susciten entre un órgano xudicial pertencente á xurisdición ordinaria e un órgano xudicial pertencente á xurisdición militar; está composta polo Presidente do Tribunal Supremo, por dous Maxistrados da Sala correspondente á orde xurisdicional da xurisdición ordinaria en conflito e por dous Maxistrados da Sala Quinta, do Militar. O Tribunal de Conflitos de Xurisdición, que resolve os conflitos de positivos e negativos de xurisdición que se susciten entre un órgano xudicial da xurisdición ordinaria ou da militar e a Administración; está composto polo Presidente do Tribunal, por dous Maxistrados da Sala Terceira, do Contencioso-Administrativo, e por tres Conselleiros Permanentes do Consello de Estado.
Órganos gobernativos
Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Xudicial, os órganos gobernativos do Tribunal Supremo son os encargados de coñecer e resolver as cuestións de índole administrativa e de funcionamento do Tribunal e os seus órganos xurisdicionais. Son órganos gobernativos: O Presidente do Tribunal Supremo. A Sala de Goberno do Tribunal Supremo, composta polo Presidente do Tribunal Supremo, os Presidentes de cada unha das súas Salas e un número de Maxistrados igual ao destes, elixidos polo procedemento arbitrado na Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Órganos de administración A Secretaría de Goberno do Tribunal Supremo, o Gabinete Técnico de Documentación e Información, o Departamento de Arquivo, Biblioteca e Información, o Departamento de Informática e o Rexistro Xeral son órganos administrativos e técnicos que posibilitan o funcionamento do Tribunal nos seus respectivos ámbitos de actuación.
Presidentes do Tribunal Supremo Esta é a lista dos presidentes que tivo o Alto Tribunal. Desde 1980, ano da creación do Consello Xeral do Poder Xudicial, o presidente do Tribunal Supremo éo tamén deste.Lista de Presidentes , Tribunal Supremo de España.
NomeMandato Ramón Posada-Soto y Rivero 1812 - 1814 Antonio Cano Manuel y Ramírez de Arellano 1820 - 1823 José Hevia y Noriega 1834 Vicente Cano Manuel y Ramírez de Arellano 1834 - 1838 Francisco Fernández del Pino 1838 - 1840 José María Calatrava Peinado 1840 - 1843 Nicolás María Garelly Batiffora 1843 - 1850 José María Manescu Saborío 1850 Lorenzo Arrazola García (Primeira vez)1851 - 1853 Francisco Javier Olavarrieta 1853 - 1854 José Alonso Ruiz-Conejares 1854 - 1855 Claudio Antón de Luzuriaga 1855 - 1856 Lorenzo Arrazola García (Segunda vez)1856 - 1864 Ramón López Vázquez 1864 - 1868 Joaquín Aguirre de la Peña 1868 - 1869 Pedro Gómez de la Serna 1869 - 1871 Cirilo Álvarez Martínez 1872 - 1878 Fernando Calderón Collantes 1879 - 1882 Eduardo Alonso Colmenares 1882 - 1888 Eugenio Montero Ríos 1888 Hilario Ygón y del Royst 1889 - 1892 Emilio Bravo Moreno 1892 - 1893 Juan Francisco Bustamante Martínez 1894 - 1895 Santos de Isasa y Valseca 1895 - 1901 Eduardo Martínez del Campo 1901 - 1909 José de Aldecoa y Villasante 1910 - 1917 José Ciudad y Aurioles 1917 - 1923 Buenaventura Muñoz Rodríguez 1923 - 1924 Andrés Tornos y Alonso 1924 - 1926 Rafael Bermejo Ceballos-Escalera 1926 Francisco García Goyena y Alzugaray 1929 - 1930 Antonio Marín de la Bárcena 1930 José María Ortega y Morejón 1930 - 1931 Diego Medina y García 1931 - 1936 Mariano Gómez González 1936 - 1939 Felipe Clemente de Diego 1938 / 1939 - 1945 José Castán Tobeñas 1945 - 1967 Francisco Ruiz-Jarabo y Baquero 1968 - 1973 Valentín Silva Melero 1973 - 1977 Angel Escudero del Corral 1977 - 1980 Federico Sáinz de Robles Rodríguez. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.1980 - 1985 Antonio Hernández Gil. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.1985 - 1990 Pascual Sala Sánchez. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.1990 - 1996 Javier Delgado Barrio. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.1996 - 2001 Francisco José Hernando Santiago. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.2001 - 2008 Carlos Dívar Blanco. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.2008 - 2012 Gonzalo Moliner Tamborero. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.2012-
Notas
Véxase tamén Tribunal Constitucional de España
Ligazóns externas Sitio oficial do Tribunal Supremo de España
Categoría:Tribunal Supremo de España