Kula Shaker é unha banda inglesa de rock psicodélico formada en Londres no ano 1995. Liderada por Crispian Mills, o grupo fíxose famoso durante a era post-britpop a finais dos anos 90. A banda conseguiu un grande éxito comercial no Reino Unido entre 1996 e 1999, acadando varios top 10 na lista británica de sinxelos, entre eles os temas "Tattva", "Hey Dude", "Govinda", "Hush" e "Sound of Drums". Ademais, o seu álbum de estrea, K, acadou o número 1 na lista británica de álbums, converténdose no álbum de estrea con vendas no Reino Unido dende o Definitely Maybe de Oasis, e conseguindo finalmente a certificación de dobre platino en xaneiro de 1997.
Discografía Álbum Ano Selo K 1996 Columbia Records Peasants, Pigs & Astronauts 1999 Columbia Records Strangefolk 2007 Strange F.O.L.K. Pilgrims Progress 2010 Strange F.O.L.K. K 2.0 2016 Strange F.O.L.K. 1st Congregational Church of Eternal Love and Free Hugs 2022 Strange F.O.L.K. Natural Magick 2024 Strange F.O.L.K. Wormslayer 2026 Strange F.O.L.K.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de raga rock Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais formados en 1995