Mirrors é unha banda inglesa de synthpop procedente de Brighton e formada no ano 2008. O grupo está composto por James New (voces principais e sintetizadores), James Arguile (sintetizadores) e Josef Page (batería electrónica). Eles prefiren describir a súa música como "soul electrónico" e "pop noir", sendo os seus princpais instrumentos os sintetizadores analóxicos.

A súa concepción de música pop dominada por sintetizadores adoita a ser comparada co son de bandas como Kraftwerk, Orchestral Manoeuvres in the Dark, Depeche Mode e Blancmange. Mirrors publicou o seu álbum de estrea, Lights and Offerings, en febreiro do ano 2011, e este foi promovido cun feixe de sinxelos entre 2010 e 2011.

Discografía Álbums de estujdio Lights and Offerings - 2011 (Skint Records)

EPs Broken by Silence - 2010 Deconstructed - 2011 This Year, Next Year, Sometime . . . ? - 2012

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Brighton Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 2008