A lixa negra,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189. Centrophorus squamosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que se distribúe polo Atlántico oriental, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza; polo océano Índico occidental e polo oeste do Pacífico, nas costas de Honshu (Xapón), Filipinas, sueste de Australia e Nova Zelandia.
Características De até 158 cm de lonxirtude máxima, ten dúas aletas dorsais con espiñas, a primeira relativamente baixa e longa, carecendo de aleta anal. Os ollos son grandes, e a pel, áspera.
Hábitat e bioloxía Vive a entre os 230 e os 2.360 m de profundidade, pero polo xeral por debaixo dos 1.000 m. Aliméntase de peixes, cefalópodos e camaróns. A súa reprodución é ovovivípara, parindo as femias un máximo de 5 crías por camada.
Estado de conservación Segundo a UICN, o seu estado de conservación é de especie vulnerábel.Centrolophus squamosus na Lista vermella da IUCN. Consultada o 14/12/2012. miniatura|150px|Cabeza. En Galicia A especie está citada en augas próximas a GaliciaRodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93., predominando cinco veces os machos sobre as femias nas capturas Castor Guisande (2013) Tiburones, Rayas, Quimeras, Lampreas y Mixínidos de la Península Ibérica y Canarias. Ediciones Díaz de Santos, p. 112.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos Tiburóns Lixas
Ligazóns externas Centrophous squamosus en FishBase. Consultada o 14/12/2012. Centrophous squamosus en ITIS. Consultada o 14/12/2012.
Categoría:Animais descritos en 1788