Baena é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña de Baena e é cabeza do partido xudicial homónimo e ao cal se acollen os municipios de Luque, Valenzuela, a pedanía de Albendín e sete casaríos menores.

Situada a 62 km da capital pola estrada N-432, a 100 km de Granada e a 67 km de Xaén.

O río Guadajoz atravesa o concello case transversalmente de suroeste a oeste e o seu afluente, o Marbella, baña o propio núcleo urbano, sendo un río practicamente seco.

Destacan algúns vértices como torre Morana (688 m), Almoguera (758 m) ou Serrezuela (799 m).

Etimoloxía Procede de Baius, nome dunha facenda romana, que na época árabe se transformou en Bayyana. No termo municipal de Baena abundan os restos ibero romanos (Torreparedones, Izcar, cerro Minguillar etc...).

Administración e goberno local +Alcaldes dende as eleccións democráticas de 1979PeríodoNomePartido1979-1983Carlos Arenas BlancaPartido del Trabajo de España (PTE-A)1983-1995Antonio Moreno CastroPartido Socialista Obrero Español (PSOE)1995-2011Luis Moreno CastroPartido Socialista Obrero Español (PSOE)2011-2013María Jesús Serrano JiménezPartido Socialista Obrero Español (PSOE)2013-2019Jesús Rojano AguileraPartido Socialista Obrero Español (PSOE)2019-2023Cristina Piernagorda AlbañilPartido Popular (PP)2023-act.María Jesús Serrano JiménezPartido Socialista Obrero Español (PSOE)

Véxase tamén

Ligazóns externas Ayuntamiento de Baena Baena, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. Paisajes culturales de Andalucía:Torreparedones, Baena, Castro del Río. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico

Categoría:Concellos da provincia de Córdoba