Mar de Arousa é unha asociación cultural da parroquia de Bamio no concello de Vilagarcía de Arousa. Historia e características A asociación busca preservar a cultura galega. Conta cunha banda de música e un grupo de baile (ambos tradicionais). Tanto as cancións como os bailes son recollidos en diferentes zonas de Galicia co obxectivo de preservar as características esenciais da música e baile tradicionais, non só a nivel local, senón tamén autonómico.
Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Vilagarcía de Arousa