Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.
É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.
Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy.Táboa estratigráfica internacional, 2010
Períodos definidos pola IUGS
O organismo para a estandardización da escala dos tempos xeolóxicos é a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, que opera no seo da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) para establecer unha escala normnalizada e posta ao día dos descubrimentos dos científicos do munde enteiro. A táboa de aquí debaixo mostra os períodos oficialmente definidos pola IUGS até finais de 2004.
Eón Era Período Comezo en millós de anos Fanerozoico Cenozoico Neóxeno 23,0 Paleóxeno 65,5 Mesozoico Cretáceo 145,5Xurásico 200Triásico 251 Paleozoico Permiano 300Carbonífero 359Devoniano 416Silúrico 444Ordovícico 488Cámbrico 542 Proterozoico NeoproterozoicoEdiacárico 630
Outros périodos, dividindo as eras do Paleoproterozoico, Mesoproterozoico e Neoproterozoico (é dicir, as tres eras do eón Proterozoico), tamén son comunmente distinguidas e ensinadas.
Notas
Categoría:Xeoloxía Categoría:Escala de tempo xeolóxico